payday loans
A loita contra a eliminación do tren rexional PDF Imprimir E-mail
Escrito por Miguel Acuña (Sindicato de Estudantes)   
Jueves, 24 de Julio de 2008 05:30

O Ministerio de Fomento ten previsto eliminar todos os trens rexionais de Galiza a raíz da entrada en funcionamento do AVE, prevista para 2012. Os primeiros pasos para a desaparición, pasan polo progresivo abandono das estacións e apeadoiros que quedan á marxe do trazado do AVE e o levantamento das vías e demais infraestructura ferrovial, empezando polo de Gorgullos, en Ordes, e seguindo o día 20 deste mes pola supresión dos apeadoiros de Portas e Portela. Catoira, Pontecesures e Padrón serán as seguintes; a propia Vilagarcía pende dun fío. Ademais, o mal chamado AVE será máis lento do habitual, pero tan caro como o mesmo, cun prezo que oscila entre dúas e tres veces máis que o actual rexional.
Miles de persoas empregan o tren rexional para desprazarse ás cidades dende o rural: estudantes , traballadores, vellos... xente, polo xeral, con poucos recursos.
O Ministerio de Fomento ten que lles garantir un transporte digno, máis alá de criterios de rendabilidade. Non hai excusas, se faltan cartos, hai moitos banqueiros e empresarios que se viñeron facendo de ouro nestes anos, ós que subirlles os impostos.
A Xunta de Galicia está durmida ante esta realidade; a Directora Xeral de Transportes, Mar Chao escúdase na aprobación do plano en tempos de Fraga Iribarne. Non nos vale, a mocidade e os traballadores puxemos a este goberno para propiciar un cambio. A Xunta ten que esixirlle a Fomento que se manteña o actual tren rexional con todas as estacións.
Dende novembro , a Coordinadora de veciños de Portas leva traballando arreo para denunciar e dar a coñecer esta situación. O exemplo de combatividade e espírito de sacrificio demostrado durante estes meses foi ninguneado por toda a clase política; empezando polas ameazas ó máis puro estilo caciquil do seu propio alcalde, militante do PP. Para extender a loita a nivel galego creouse a Plataforma Salva o Tren (páxina web: www.salvaotren.tk) formada por ecoloxistas, sindicatos ferroviarios e o Sindicato de Estudiantes. Dende entón, o obxectivo principal consistiu en sumar as forzas dos grandes sindicatos e os partidos de esquerdas, con quen se reuniu en diversas ocasións. Así, o BNG prometeu unha resposta que a día de hoxe non chegou. Hai non moitos anos estaría defendendo en primeira liña esta reividicación, hoxe, a dirección ve con medo a movilización, malia que moitos dos seus militantes xa fixeron súa esta loita. Dende o PSOE a actitude non foi mellor.
Os sindicatos UXT, CIG e CCOO deben dar resposta ós rogos que en reiteradas ocasións lles fixeron dende a Plataforma, poñéndose á fronte desta loita. Pola súa banda, o PP, principal culpable do actual deseño, quere aproveitar cinicamente este silencio con fins electoralistas. Na rúa empézase a tomar conciencia do asunto: tras unha existosa manifestación en Santiago con máis de mil persoas, convocouse unha caravana de coches Santiago-Vigo cun gran apoio popular a pesar de ser constatemente torpedeada pola guardia civil. Para gañar esta loita preciasmos da movilización masiva dos sindicatos e os partidos de esuqerdas.

Bookmark and Share