payday loans
Solidariedade cos traballadores do Metal! PDF Imprimir E-mail
Escrito por El Militante   
Miércoles, 03 de Junio de 2009 11:34

! Fronte a obcecación da patronal, extender o conflicto a toda Galiza! Esta loita podémola gañar!

! Fronte a obcecación da patronal, extender o conflicto a toda Galiza! Esta loita podémola gañar!

A loita dos traballadores do metal é unha das loitas obreiras máis importantes que se está a desenrolar nestes momentos en Galiza e en todo o Estado español. Moitos traballadores da comarca de Vigo e de Galiza síguena atentamente. Esta folga está a ser descaradamente silenciada polos grandes medios de comunicación estatais. O obxectivo é evitar o "contaxio" da loita nun contexto de grande malestar social por mor da crise e o desemprego e a ofensiva xeralizada da patronal en todo o Estado (EREs, demanda de reforma laboral, conxelación salarial, privatización das pensións, reducción de impostos aos  empresarios, etc...). Non é para menos, os capitalistas están preocupados pola unidade e a combatividade do Metal de Pontevedra xa que amosa a outros sectores o camiño para defenderse dos ataques dos empresarios.

Dende o Sindicato de Estudantes e a Corrente Marxista "El Militante", queremos expresar a nosa total solidariedade coa loita do Metal. Nesta loita  está en xogo  moito más que un convenio. A patronal tamén o sabe. Saben que se derrotan esta loita, marcaráse un precedente na negociación do próximo convenio do metal no resto das provincias galegas e noutros conflictos. Saben que se o poderoso movemento obreiro do Metal de Pontevedra é derrotado, terán o camiño máis fácil para atacar a outros sectores menos organizados. Por iso os empresarios están actuando así, poñendo toda a carne no asador, cunha chulería nunca vista, non asistindo ás reunions cos lideres sindicais, ou coa última provocación: agora din que non lles vale un convenio de dous anos e queren un de tres. Saben que hai moito en xogo. Para eles o asunto vai más aló de ceder un par de puntos por enriba do IPC: queren dar unha lección a toda a clase traballadora.

A loita dos traballadores do Metal debe ser entendida como unha loita de toda a clase obreira e da  xuventude de Vigo, Pontevedra, Galiza e do  resto do Estado. Pero é que ademáis, este conflicto  pódese gañar.

Todas as folgas e movilizacións convocadas hasta agora teñen demostrado unha grande unidade, masividade e combatividade, a pesar das maniobras empresariais para tratar de dividir, a pesar da virulenta represión policial e da manipulación informativa.  A forza demostrada polos traballadores do Metal é un punto de partida fundamental.  Outro aspecto fundamental é que existe un ambiente social propicio para a movilización e a predisposición á loita dos traballadores. Agora a loita está nun momento decisivo, por iso é necesario dar unha perspectiva clara de extensión do conflicto a toda Galiza. É necesario anunciar e preparar xa a convocatoria duna folga xeral en toda Galicia.

Se os dirixentes da CIG, CCOO e UXT fixesen unha convocatoria de folga, vinculando a solidaridade cos traballadores do Metal aos ataques que está sufriendo a clase obreira en xeral e plantexando unha plataforma reivindicativa concreta (ningún ERE máis, nin un solo despido, subsidio de desemprego indefinido ata encontrar un traballo, mantemento do poder adquisitivo, defensa dos servicios públicos, incrementando drásticamente o gasto social) tería un apoio masivo.

Cómpre  recordar o enorme impacto que tivo la folga xeral de Galicia de xuño de 2001, convocada pola CIG e UXT, que foi un éxito e influiu decisivamente na convocatoria da folga xeral do 20-X de 2002, en todo el Estado.

Só se a patronal e os grandes empresarios, que xogan ao desgaste do conflicto, vense ameazados por un movimento ascendente que implique a novos sectores na loita, verase obrigada a ceder. Pero para que isto sexa así os dirixentes da CIG, CCOO e UXT teñen que orientar o movemento neste sentido dende xa, e utilizando todos os seus recursos, que non son poucos.

A mocidade e os traballadores organizados na Corriente Marxista "El Militante" e no Sindicato de Estudantes, facemos as seguintes propostas  para axudar a gañar esta loita:

1- Os dirixentes sindicais deberían editar propaganda masiva dirixida ao conxunto da población explicando os motivos do conflicto e pedindo a solidaridade activa.

2- Organizar unha macromanifestación pola tarde, chamando a tódola mocidade e os  traballadores, así como aos partidos da esquerda, a participar. Que se convirta nunha demostración de forza que lle diga á patronal que non imos a aceptar más incumplimientos de convenios, nin EREs, nin chantaxes en ningún sector

3-Unha boa idea sería organizar grupos de 80-100 traballadores que percorran fábricas, mercados, mítines electorais, etc, para explicar ao resto dos traballadores os motivos de la folga, e explicar que unha derrota do metal envalentonaría a todos los empresarios.

4- Que os dirigentes sindicais convoquen una folga do metal en todo Galiza, coa perspectiva dunha folga xeral en Galiza e en todo o Estado. A CIG, como sindicato maioritario do Metal de Pontevedra, debería impulsar xá esta estratexia

5- Os dirixentes sindicais deberían presionar a fondo ao PSOE e ao BNG para que se involucren apoiando con tódolos medios  esta loita.

6- Os traballadores deben  participar na toma de decisións. Formación de comités de loita nas empresas implicadas, con membros elexidos e revocables polos propios trabajadores, que elaboren a estratexia conxuntamente cos dirixentes de CIG, CC.OO y UGT

Do que non hai dúbida, é de que nos próximos anos os ataques dos empresarios vanse a  multiplicar. En medio da meirande crise capitalista en décadas, a loita sindical ten que ter sempre unha perspectiva anticapitalista. En última instancia só a loita por unha sociedade socialista, onde o conxunto dos traballadores controlemos as palancas fundamentais da economía, pode garantizarnos unha vida digna. Toda a loita sindical ten que ter un obxectivo máis amplo, que é o de facer avanzar a conciencia e axudar aos trabajadores a comprender que é necesario acabar co capitalismo.

Loita connosco polo socialismo!

Obreiros e estudiantes, unidos e adiante!

Por unha folga de toda Galiza!

www.elmilitante.org             Tlf: 636217248

Bookmark and Share