Artículos

¡Por unha folga do Metal de toda Galicia!

As últimas xornadas de folga volveron ser un grande éxito. A folga volveu ser masiva e amosou unha vez máis a disposición a loitar ata o final por parte dos traballadores. A unidade na loita, a enormidade das manifestacións, os paros nas empresas con convenio propio o venres, etc, asustaron seriamente á patronal. As divisións dentro dela (entre o cluster da automoción e o resto das patronais) son unha proba clara deste medo e da forza dos traballadores. Esta loita pódese gañar.

¡Por unha folga do Metal de toda Galicia!

As últimas xornadas de folga volveron ser un grande éxito. A folga volveu ser masiva e amosou unha vez máis a disposición a loitar ata o final por parte dos traballadores. A unidade na loita, a enormidade das manifestacións, os paros nas empresas con convenio propio o venres, etc, asustaron seriamente á patronal. As divisións dentro dela (entre o cluster da automoción e o resto das patronais) son unha proba clara deste medo e da forza dos traballadores. Esta loita pódese gañar.

Na nosa opinión, a forma de gaña-lo conflito é unha estratexia de extensión da mobilización: que a patronal vexa que se non ceden, cada día vaise ir estendendo o conflito, cada día sumaranse máis sectores. A proposta inicial, de pasar dunha folga só das empresas sen convenio propio a unha folga (o venres) que sumase tamén a aquelas que sí  o ten, foi totalmente axeitada. Hai que seguir nesa liña.

Na anterior folla plantexabamos que os pasos a dar terían que ser, na nosa opinión, os seguintes:

Tras a folga nas empresas con convenio propio,

1.-Folga no metal de toda Galiza,

2-Se a patronal segue sen ceder, preparación dunha folga xeral galega.

Para prepara-lo camiño cara a extensión da loita e como preparación dunha folga xeral galega, é necesario que a CIG, CC.OO e UGT convoquen xa unha reunión masiva de delgados sindicais de Galiza, para:

a) Informar a fondo da  loita do Metal de Pontevedra, ¡que todos coñezan en detalle e de primeira man vosas xustas reivindicacións, as provocacións patronais, a represión policial e a manipulación informativa de la que estades sendo obxecto.

b) Lanzar unha campaña de solidariedade en todas as empresas, ca convocatoria de asembleas e a aprobación de resolucións de solidariedade

c) Estas asembleas deben servir no só para conseguir solidariedade sino para vincular as reivindicacións plantexadas polos traballadores do Metal con reivindicacións concretas que afectan a outros sectores. É evidente que existe una preocupación xeneralizada polos efectos que está a ter a crise. Hai moitas empresas con plans de despidos ou cerres. Por poñer só un exemplo está o peche patronal en Caramelo (Coruña) despois de romper as negociacións sobre o ERE que afectan a máis de 200 traballadores. A chantaxe patronal para reducir os salarios é amplamente sentido. Polo tanto, si vinculamos a solidariedade ca loita do Metal a unha plataforma reivindicativa para evitar que a crise a paguemos os traballadores podemos dar un paso claro na extensión da loita. Unha  folga xeral en Galicia podería basearse nas seguintes reivindicacións:

- Non ós ERES, nin ós despidos

- Un posto de traballo o subsidio de paro indefinido igual ó SMI ata atopar un novo posto de traballo.

- Non a conxelación salarial

- Polo reparto do emprego, redución da xornada laboral a 35 horas sin redución salarial

- Incremento drástico do gasto público en educación e sanidade

- Parar os pes a Feijoo e o seu apoio á patronal, como amosou en Poteareas insultado a un traballador

A CIG, CCOO e UGT, teñen a forza e os medios suficientes para facer unha campaña contundente e decidida neste sentido. Existe o ambiente e a forza human para emprender una campaña de este tipo. Miles de traballadores do Metal poderían organizar piquetes informativos por toda a xeografía galega. Isto tería un enorme impacto e introduciría unha fortísima presión á patronal e a Xunta do PP. Non hai ningún obstáculo pra lanzar unha campaña de este tipo. ¡É o momento de facelo! A CIG podería empezar a preparar ós seus delegados este mesmo fin de semana, aproveitando o seu congreso.

O luns pasado, os dirixentes sindicais plantexaron unha nova estratexia consistente en facer paros de 4 horas na maioría das empresas del Metal de Pontevedra e machacar selectivamente ás patronais máis duras. Estamos dacordo en  golpear con forza a esas patronais, e en boicotear os concesionarios, pero nesta estratexia hai un risco: que a patronal pense que "o peor xa pasou". Se despois de nove folgas de 24 horas pasamos a folgas de 4, os empresarios poden dicir: "estes estanse cansando; se temos aguantado ata aquí, podemos aguantar un pouco máis". É posible que a súa nova ruptura das negociacións o martes 16, ou que volvan  dicir que poden facer un paro patronal, signifique isto: que pensan que estamos debilitándonos e queren volver a negociar en mellores condicións para eles.

Cremos que hai que volver á anterior estratexia, de accións que aumenten paulatinamente a presión. Non caiamos na trampa da patronal. Eles queren unha guerra de desgaste, na que os traballadores, pouco a pouco, vaian perdendo forza pola falta de perspectiva. Ós traballadores nos interesa todo o contrario: que os traballadores galegos e do resto do Estado se identifiquen ca nosa loita. Esta é a auténtica disxuntiva na que se atopa a loita do Metal de Pontevedra agora.

Estas son as nosas propostas:

1-Por unha folga xeral en todo o metal galego (tal e como xa propuxo o sector crítico de CC.OO dos estaleiros de Ferrol)

cremos.

4- Se eses outros 150 empresarios que din que pensan marchar fora o intentan, haberá que impedírllelo, a través da ocupación das empresas, e os dirixentes sindicais deberán esixir a súa expropiación baixo control dos traballadores e así poder inspeccionar os seus libros de contas e impedir a deslocalización.

www.elmilitante.org.                        Tlf: 636217248